Friday 17 de May de 2024

Brais Cubeiro seguirá ao mando de Deportes tras recapacitar a súa decisión de renuncia


O Concelleiro de Deportes, Brais Cubeiro, quere trasladar á veciñanza a súa decisión de continuar ao mando do departamento de Deportes tras recapacitar sobre a súa renuncia como representante municipal.

As innumerables mostras de agarimo de veciños e veciñas de Cambre que pediron a súa volta á concellería en escritos, chamadas telefónicas e mensaxes nas redes sociais, o edil nacionalista tomou a decisión de retomar o seu cargo e revogar a seu escrito de renuncia.

O pasado luns o goberno rexeitou por unanimidade na Xunta de Goberno Local a renuncia do concelleiro e onte mesmo o propio alcalde, Óscar García Patiño, mantivo unha reunión co edil, en nome de todo o executivo local, para pedirlle que recapacitase a súa decisión.

García Patiño entende que Cubeiro está a facer un bo labor na concellería de Deportes e “este episodio non pode embazar unha dedicación encomiable durante estes catro meses de traballo”.